martes, 21 de mayo de 2019







"Recíclate con Sogama" é un programa de educación ambiental a través do cal se pretende promover a participación e implicación da comunidade educativa na correcta separación dos residuos xerados nos centros escolares, introducindo cada fracción no contedor correspondente.
Para facilitar a tarefa, Sogama nos enviou unha infraestrutura bautizada co nome de "illa de reciclaxe", conformada á súa vez por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un
o    amarelo, para as latas, briks e envases de plástico;
o    azul, para o papel/cartón;
o    e verde, para a fracción non reciclable.
Están colocados no recinto escolar ancorados á parede e dispoñen de sistemas antirrobo. Ademais fornecéusenos dun compostador para o depósito da materia orgánica xerada, permitíndonos así obter un abono de alta calidade que pretendemos empregar no noso horto. Con isto temos a oportunidade de pechar o ciclo de recuperación e reciclaxe dos restos orgánicos, evitando o depósito dos mesmos nos contedores verdes convencionais.O fin último desta iniciativa é que o alumnado, ademais de participar no sistema de recollida selectiva do centro, instaure na súa vida cotiá, e na das súas familias, a separación do lixo como un hábito máis co que contribuír ao incremento das taxas de reciclaxe en Galicia e, por tanto, aos seus beneficios ambientais (aforro de enerxía e materias primas) e económicos (diminución dos custos para os concellos). Ademais fumos informados do programa mediante unha interesante exposición.

O día 19 de marzo, o alumnado de cuarto, quinto e sexto viaxou á Cerceda a coñecer o complexo medioambiental de SOGAMA, na localidade de Cerceda
Nel procédese á separación correspondente á bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks) e procédese á súa separación por tipoloxías, sendo remitido ás empresas recicladoras.
A bolsa negra  descárgase nos fosos de recepción da Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible, onde é sometida a un proceso de preparación e acondicionamento para obter un Combustible Derivado de Residuos (CDR) estabilizado que alimenta a Planta Termoeléctrica para producir enerxía eléctrica.



lunes, 13 de mayo de 2019

sogama


Na primeira quincena de febreiro tivemos no noso cole os xogos de SOGAMA

Todos os alumnos do noso cole participaron nos xogos propostos por SOGAMA.

"Recíclate con Sogama" é un programa de educación ambiental a través do cal se pretende promover a participación e impl...