martes, 21 de mayo de 2019







"Recíclate con Sogama" é un programa de educación ambiental a través do cal se pretende promover a participación e implicación da comunidade educativa na correcta separación dos residuos xerados nos centros escolares, introducindo cada fracción no contedor correspondente.
Para facilitar a tarefa, Sogama nos enviou unha infraestrutura bautizada co nome de "illa de reciclaxe", conformada á súa vez por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un
o    amarelo, para as latas, briks e envases de plástico;
o    azul, para o papel/cartón;
o    e verde, para a fracción non reciclable.
Están colocados no recinto escolar ancorados á parede e dispoñen de sistemas antirrobo. Ademais fornecéusenos dun compostador para o depósito da materia orgánica xerada, permitíndonos así obter un abono de alta calidade que pretendemos empregar no noso horto. Con isto temos a oportunidade de pechar o ciclo de recuperación e reciclaxe dos restos orgánicos, evitando o depósito dos mesmos nos contedores verdes convencionais.O fin último desta iniciativa é que o alumnado, ademais de participar no sistema de recollida selectiva do centro, instaure na súa vida cotiá, e na das súas familias, a separación do lixo como un hábito máis co que contribuír ao incremento das taxas de reciclaxe en Galicia e, por tanto, aos seus beneficios ambientais (aforro de enerxía e materias primas) e económicos (diminución dos custos para os concellos). Ademais fumos informados do programa mediante unha interesante exposición.

"Recíclate con Sogama" é un programa de educación ambiental a través do cal se pretende promover a participación e impl...